A perspectiva de xénero na educación (5ª edición)
xenero
Enrollment is Closed
Obxectivos:
- Introducir transversalmente a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos da vida para desenvolver os valores de igualdade e mellora do benestar.
- Identificar as desigualdades estruturais e sistémicas derivadas da categoría xénero nas áreas sociais, económicas, xurídicas, políticas e culturais e institucións sociais que as perpetúan.
- Facer visibles as achegas das mulleres a diferentes ámbitos de coñecemento.
- Aplicar ferramentas á análise de xénero para revisar e criticar as diversas disciplinas co obxecto de estudo desde a perspectiva de xénero. Detectar as relacións violentas no contexto da discriminación de xénero, identificando e recoñecendo diferentes tipos de violencia contra as mulleres.
- Visibilizar as aportacións das mulleres á contribución dos diferentes ámbitos de coñecemento.
- Realizar traballos, proxectos e investigacións con perspectiva de xénero.
Duración:
O curso terá unha duración de 15 horas que se desenvolverán de xeito autónomo ao longo de dous meses.
Elaboración do material didáctico:
María Mercedes Álvarez Lires, profesora do Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo.
Iria Vázquez Silva, profesora do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo.
Comunicación:
A través do foro e do correo electrónico formacionigualdade@uvigo.es.
Contidos:
- Tema 1. A coeducación. Boas prácticas:
- a. O concepto de coeducación.
- b. Cuestionando o currículo escolar androcéntrico.
- c. Boas prácticas coeducativas.
- Tema 2. A prevención da violencia de xénero no ámbito escolar:
- a. Violencia de xénero no eido escolar.
- b. Prevención da violencia de xénero no eido escolar.
- Tema 3. A invisibilización e o sexismo na historia da ciencia como mecanismos de exclusión das mulleres:
- a. Introdución. As ciencias en occidente.
b. Mulleres na construción do coñecemento.
c. O papel das mulleres no nacemento e consolidación da ciencia moderna (séculos XVII e XVIII).
d. A ciencia no século XIX: un retroceso para as mulleres.