O acoso sexual e o acoso en función do sexo: Unha inxustiza invisible (5ª edición)
xenero
Enrollment is Closed
Obxectivos:
- Identificar as desigualdades estruturais e sistémicas derivadas da categoría xénero nas áreas sociais, económicas, xurídicas, políticas e culturais e institucións sociais que as perpetúan.
- Detectar as relacións violentas no contexto da discriminación de xénero, identificando e recoñecendo diferentes tipos de violencia contra as mulleres.
- Interpretar as normas xurídicas reguladoras da perspectiva de xénero: a nivel da Unión Europea, estatal, autonómico e local.
- Empregar os protocolos para a denuncia da violencia e actitudes en contra a muller.
- Rexeitar comportamentos e contidos sexistas e estereotipos en diferentes ámbitos.
Duración:
O curso terá unha duración de 15 horas que se desenvolverán de xeito autónomo ao longo de dous meses.
Elaboración do material didáctico:
Yolanda Rodríguez Castro, profesora do Departamento de Análise e intervención psicosocioeducativa da Universidade de Vigo.
Comunicación:
A través e do correo electrónico formacionigualdade@uvigo.es.
Contidos:
- Tema 1. Da violencia sexual ao acoso en función de sexo: concepto, tipoloxía, vítimas e raíces:
- a. Delimitación conceptual das violencias sexuais: acoso sexual e acoso en función do sexo.
- b. Clasificación do acoso sexual.
- c. Quen son as vítimas do acoso sexual e acoso en función do sexo?
- d. As raíxes do acoso sexual: a extensión do patriarcado.
- Tema 2. Diagnóstico de acoso sexual e por razón de sexo da Universidade de Vigo:
- a. Estado da cuestión do acoso sexual nas universidades.
- b. Estudo de acoso sexual e acoso en función do sexo na Universidade de Vigo.
- Tema 3. Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo na Universidade de Vigo:
- a. Marco lexislativo e normativo: internacional e nacional.
- b. O Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo da Universidade de Vigo.