Economía de xénero (5ª edición)
xenero
Enrollment is Closed
Obxectivos:
- Introducir transversalmente a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos da vida para desenvolver os valores de igualdade e mellora do benestar.
- Identificar as desigualdades estruturais e sistémicas derivadas da categoría xénero nas áreas sociais, económicas, xurídicas, políticas e culturais e institucións sociais que as perpetúan.
- Analizar as estatísticas do mercado de traballo dende a perspectiva de xénero para identificar as desigualdades estruturais entre homes e mulleres.
- Afondar nas causas da fenda salarial a partires de artigos de investigación en Economía de xénero.
- Fomentar a corresponsabilidade de homes e mulleres nos coidados.
Duración:
O curso terá unha duración de 15 horas que se desenvolverán de xeito autónomo ao longo de dous meses.
Elaboración do material didáctico:
Xulia González Cerdeira, profesora do Departamento de Economía aplicada da Universidade de Vigo.
Comunicación:
A través do correo electrónico formacionigualdade@uvigo.es.
Contidos:
- Tema 1. O mercado de traballo desde a perspectiva de xénero:
- a. Introdución.
- b. Datos e fontes estatísticas.
- c. Participación laboral feminina. Comparación internacional.
- d. A evolución na participación laboral feminina en España e Galicia.
- e. A taxa de paro.
- f. A segregación ocupacional.
- Tema 2. A fenda salarial por razón de xénero:
- a. Introdución.
- b. Fenda salarial bruta e axustada.
- c. Comparación internacional.
- d. A taxa de paro.
- e. A fenda salarial ao longo da vida laboral.
- Tema 3. Causas da fenda salarial e algunhas propostas:
- a. O papel da maternidade e o coidado das crianzas na fenda salarial. O child penalty.
- b. A fenda de xénero no traballo non remunerado.
- c. Outras causas que explican a fenda salarial de xénero.
- d. Medidas para reducir a fenda salarial.