Introdución á perspectiva de xénero (5ª edición)
xenero
Enrollment is Closed
Obxectivos:
- Introducir a temática da desigualdade de xénero nas áreas sociais, económicas, xurídicas, políticas e culturais e a súa importancia.
- Definir os conceptos claves nos estudos de xénero: sexo, xénero, estereotipo de xénero, roles de xénero, patriarcado, machismo, feminismo e epistemoloxía feminista.
- Describir diacronicamente as ideas e movementos sociais feministas principais.
- Visibilizar as aportacións das mulleres á contribución dos diferentes ámbitos de coñecemento.
- Expoñer as normas básicas para una linguaxe inclusiva.
Duración:
O curso terá unha duración de 40 horas que se desenvolverán de xeito autónomo ao longo de dous meses.
Elaboración do material didáctico:
Águeda Gómez Suárez Álvarez, directora da Unidade de Igualdade e profesora del Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo.
María de los Ángeles Villar Lemos, técnica superior de Formación e Innovación Educativa, mestrado en Comunicación e Educación na Rede (especialidade e-learning) e Axente de Igualdade de Oportunidades.
Comunicación:
A través do correo electrónico formacionigualdade@uvigo.es.
Contidos:
- Tema 1. Introdución á desigualdade de xénero:
- a. Introdución conceptual.
- b. Patriarcado e dominación masculina.
- c. Epistemoloxía feminista.
- Tema 2. Historia da teoría feminista:
- a. Por que é importante coñecer a historia do pensamento feminista.
- b. A división en diferentes ondas.
c. Estamos nunha cuarta onda?
- Tema 3. Normas básicas para empregar a linguaxe inclusiva:
- a. A importancia da linguaxe.
b. Conceptos básicos.
c. Propostas.